Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de A Roda e Najla Shami en Pazos de Borbén

RR_Noticias

“A Roda da igualdade: ela e eles” é o nome desta iniciativa que busca promover a igualdade a través da música e que está enmarcada no programa “Nós contra a violencia” que organiza a Secretaría Xeral de igualdade. O concerto terá lugar este domingo 7 ás 23:00 horas na parroquia de Moscoso, en Pazos de borbén.

O coñecido grupo A Roda únese a Najla Shami nun concerto que revisa a canción popular galega para amosarnos que as letras dos temas tradicionais galegos non teñen por que ser sexistas. Ao contrario, deben dar exemplo e mostrar que estamos ante un novo imaxinario e un novo discurso: o da igualdade.
Actividade de sensibilización da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia que se desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará