Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela declara dous días de loito polos falecidos no accidente de Teis

RR_Noticias

O Concello de Redondela decretou dous días de loito en sinal de dó polos tres mozos falecidos este mércores no accidente que tiña lugar na AP-9 á altura de Teis, dúas mozas veciñas do noso concello e un mozo que malia residir en Nespereira a súa familia é de Redondela onde rexenta un negocio de ultramarinos. Con bandeiras a media hasta e crespón negro, dende a corporación queren trasladar aos familiares e amigos das vítimas o seu apoio nestes difíciles momentos. Tamén dende a Deputación de Pontevedra as bandeiras da súas sedes ondean a media hasta.

Quedan polo tanto suspendidas todas as actividades organizadas ou programadas dende o Concello de Redondela que quere sumarse así aos difíciles momentos que están a vivir familiares e amigos dos falecidos. Tamén moi pendentes da evolución dos dous mozos que lograron sobrevivir e que onte eran trasladados aos hospitais de Fátima e Cunqueiro. O primeiro, que viaxaba no asento do copiloto, está xa en planta mentres o condutor segue ingresado na UCI. Situación complicada tamén a que se está a vivir no instituto Mendiño, centro educativo no que estudaban os falecidos que se preparaban agora para superar as probas de selectividade. Dende o Concello están tamén a disposición da comunidade educativa a onde trasladaron todo o apoio e servizos en psicólogos e Cruz vermella para afrontar estes difíciles momentos. Desde esta mañá, tamén as bandeiras da Deputación de Pontevedra nas sedes de Pontevedra e Vigo ondean a media hasta en sinal de respecto e dó. A presidenta do organismo provincial, Carmela Silva trasladou esta mañá as condolencias do goberno da institución provincial ás familias, amigas e amigos e amosou a súa preocupación polo estado do condutor e do copiloto, tamén de Redondela, a quen lles transmitiu o seu desexo de pronta recuperación.        

Arturo González Concelleiro de Seguridade
Achéganos datos sobre o accidente e os estado dos feridos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará