Hoxe é Sábado 5 de Decembro de 2020

Marcha popular polas marxes do río Fondón

RR_Noticias

A Asociación de Veciños de Chapela mantén as actividades de posta en valor do río Fondón. Logo da xornada de limpeza realizada semana atrás, animan agora aos veciños a participar nunha marcha dende o Camiño da Fraga ata o nacemento do río. Un percorrido de interese medioambiental, paisaxístico e patrimonial, xa que ao longo do traxecto os participantes poderán ver muíños, pontes, fervenzas e a fauna e flora existente neste entorno de Chapela e Trasmañó.

Os participantes daranse cita o domingo 2 ás 10:00 da mañá na sede da asociación e, como todos os anos, ao remate da marcha, sobre as dúas do medio día xantarán nas mesas da área de descanso da “Chan da Lagoa”
Algunhas persoas levarán o seu propio xantar, outras elaborarán grandes paellas, churrasco… e de tarde están previstas outras actividades. Haberá coches encargados de levar os xantares. Anímase tamén a todos aqueles que non poidan realizar o percorrido a achegar posteriormente á área de descanso para comer todos xuntos.
As persoas que desexen máis información poden chamar ao teléfono 649376094.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *