Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os alcaldes de Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos revalidan as súas alcaldías

RR_Noticias

O popular Agustín reguera seguirá sendo alcalde de Soutomaior por tan só 43 votos de diferenza co BNG, únicos partidos que obteñen representacións neste municipio. Andrés Iglesias logra tamén manterse na alcaldía en Pazos de Borbén mentres que en Fornelos de Montes o socialista mantén a súa maioría absoluta con sete concelleiros fronte aos dous que logran a suma de PP e PSOE.

Axustada vitoria para o PP en Soutomaior que lograba onte revalidar a alcaldía logo de obter 43 votos máis que o partido liderado polo nacionalista Manu Lourenzo (2.050 fronte a 2.007) e ao non ser quen os socialistas de manter a única representante coa que contaban no pasado mandato.
Malia que o inicio do reconto anunciaba un posible cambio de goberno, finalmente o PP mantiña os sete concelleiros actuais fronte aos 6 representantes que acada o BNG, únicos partidos con representación no municipio veciño. Agustín Reguera afronta o seu sétimo mandato ao fronte desta alcaldía.
En Pazos de Borbén logra tamén o actual alcalde, Andrés Iglesias, revalidar a súa maioría grazas aos 849 votos que acadou o seu partido e que lle outorgan 6 concelleiros. Alternativa Veciñal perde un edil e queda con 3 representantes, nun municipio onte entra con forza Ciudadanos, que logra dous concelleiros co expopular Manuel Conde ao fronte. Desaparece tamén deste concello o PSOE, que non logra representación.
Finalmente en Fornelos de Montes o seu actual alcalde, o socialista Emiliano Lage logra unha maioría absoluta que lle permite manterse na alcaldía e incluso mellorar os seus resultados anteriores, pasando se seis a sete concelleiros e logrando o 69,3% dos votos. Os seus rivais quedan moi lonxe dos seus obxectivos ao acadar un único representantes tanto o PP como o BNG.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará