Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Salgueirón decide o pase á final

RR_Noticias

Logo do empate a un gol entre o Racing de Castrelos e o Arcade no Monte da Mina, a praza para a final da fase de ascenso decidirase no Salgueirón. No remo, o Chapela fíxose coa I Bandeira Wofco de traiñeiras na categoría de veteranos en augas de Arealonga.

Fase de Ascenso Preferente Sur
Racing de Castrelos 1-1 Arcade
Púxose por diante o Arcade na eliminatoria cun gol de Campos no minuto 18, pero empatou o conxunto vigués 5 minutos despois cun tanto de Sine. Os de Juan Amoedo desperdiciaron un penalti a favor, que errou Eloy Rincón. Logo conseguiron manter o empate malia xogar cun home menos pola expulsión de Lucas por dobre cartón amarelo no minuto 69. Todo se decidirá no partido de volta, no Salgueirón, o domingo 2 de xuño. O vencedor da eliminatoria medirase despois ao gañador da outra semifinal que enfronta a Umia e Gran Peña, e que no partido de ida se decantou polo equipo do Salnés co 1-2 en Vigo. A volta disputarse no Municipal de Barrentes o próximo domingo.
Fútbol Sala Terceira División

Campito 4-6 Santa Isabel
Os de Chapela, xa descendidos desde hai varias semanas, perderon no último partido da casa ante o Santa Isabel. O sábado despedirán a liga na pista do Concello de Begonte
Sport Sala Culleredo 4-8 Pazos de Borbén
O triunfo permite ao Pazos xogarase na casa o campionato de liga no último partido. Será ante o actual líder, o Ribeira, que está un punto por enriba dos de Fran Amoedo. O gañador do encontro, que se disputará o sábado no Municipal de Pazos, farase co título.
I Bandeira Wofco de Traíñas
As augas de Arealonga acolleron o domingo a I Bandeira Wofco de traíñas na categoría de vetaranos. Os organizadores, o Club de Remo Chapela, fixéronse co triunfo, por diante de Ares e Meira, que completaron o podio. As embarcacións de Tirán e Rianxo acadaron o 4º e 5º posto, respectivamente. Actualmente o equipo redondelán manda na clasificación na liga galega tras imporse nas últimas citas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará