Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas (PP): “Logramos o noso obxectivo que era manter os nove concelleiros”

RR_Noticias

Satisfeito co resultado acadado que “amosa a confianza dos veciños no noso proxecto e no que levamos feito durante estes oito anos”, o actual alcalde en funcións, Javier Bas agradece ao seu equipo o traballo feito que “logrou volver ilusionar á cidadanía logo do varapau que sufriu o PP na pasadas eleccións xerais”. Asegura que falará con resto dos grupos que acadaron representación e amosa o seu respecto cara a decisión que poida adoptar AER “que poden deixarnos gobernar ou levantar a man para apoiar outro candidato que non sexa o seu”.

“Fixemos un magnifico traballo tanto en campaña, como estes oito anos, traballando en clave Redondela o que nos permitiu recuperarnos do varapao que supuxeron as pasadas eleccións xerais”, así de satisfeito amosábase o candidato do PP, Javier Bas, lembrando que “onte logramos recuperar e repetir o éxito das últimas eleccións municipais superando os 6000 votos novamente”. O resultado é claro, un proxecto que foi validado polos veciños de Redondela pero haberá que esperar a entrar en rolda de contactos para ver se “podemos dar estabilidade o proxecto gañador”. A irrupción de Ciudadanos prexudicounos porque se levaron un voto que lles podería ter concedido unha maior vantaxe na corporación, con todo asegura Bas que o seu obxectivo era manter os nove concelleiros. En canto ao que poida pasar de cara a o futuro asegura que vai falar con todos. En canto ao que poida facer AER, chave de goberno logo dos resultados electorais insiste en que “somos respectuosos coas decisións que tome a agrupación de electores, con quen sempre mantivemos relaciones complexas”. Sobre o futuro goberno conclúe afirmando que “nós apostamos polo candidato que presenta o noso partido, se outros partido son quen de levantar a man para apoiar outro candidato que non é o seu terán que xustificalo”.  

Javier Bas PP
Cumpriron o obxectivo que pasaba por repetir os 9 concelleiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará