Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas (PSOE): “Ábrese unha nova etapa que debe estar marcada pola cautela”

RR_Noticias

O Partido Socialista, con 5.256 votos logra facerse con sete concelleiros e queda ás portas dun oitavo. Uns apoios que, malia supoñer unha remontada para o partido que lidera Digna Rivas, déixaos moi afastados da posibilidade de gobernar en solitario. Entende que agora se abre un período que debe estar marcado pola cautela e a responsabilidade de “negociar por un goberno progresista que represente o que queren os veciños e veciñas de Redondela”.

Un resultado para os socialistas que supón un incremento de máis de mil votos respecto do que obtiveran hai catro anos. “Experimentamos unha recuperación importante e estamos satisfeitos co resultado que nos deixou a tan só 40 votos de lograr 8 concelleiros”, explica Digna Rivas, cuxo partido finalmente terá que confirmarse con 7 edís. Sabe a socialistas que é tempo de negociar e insiste en que se trata dunha etapa que hai que afrontar “con moita cautela”. Con todo, confía en que se produza un cambio de goberno en Redondela “a suma dos partidos de esquerda da para un goberno proggresista que é o que queren os veciños, temos a responsabilidade de sentar, falar e negociar polo ben da cidadanía e os seus intereses”.  

Digna Rivas PSOE
Amósase cautelosa ante unha negociacións que non está claras a priori

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará