Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As traiñeiriñas de Redondela reman na casa

RR_Noticias

Este domingo o C.C.D. Cesantes organiza a regata de traiñeiriñas na que se disputan a Bandeira Rodavigo e a Bandeira Ragovi, nas categorías masculina e feminina respectivamente. Será a partir das 11.00 horas no peirado de Cesantes. Na proba participarán preto de 40 embarcacións, entre elas aos dos clubes de Cesantes e Chapela.

A regata será a catro largos e catro ciabogas, e participarán as categorías xuvenil e absoluta masculina, e a absoluta feminina. Na pasada fin de semana, na I Bandeira do Alvariño, as traiñeiriñas de Redondela colleitaron dúas medallas, unha prata para o club de Chapela e o bronce para Cesantes, nos dous casos na categoría xuvenil. Jorge Rodríguez, presidente do Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes, confía en que os barcos do club poidan facer “un bo papel” nesta regata “diante do seu público”. A celebración da Bandeira de Cesantes coincide coa celebración en Redondela da Festa do Choco, no que será un domingo de marcado carácter gastronómico e deportivo. Rodríguez anima a todos os veciños e afecionados ao remo a que se achegan ao peirao de Cesantes para presenciar a regata e “gozar dunha xornada festiva”. Un día antes, o sábado, o remo redondelán participará na Bandeira Concello de Bueu a partires das 17.00 horas.

Jorge Rodríguez C.C.D Cesantes
Rodríguez explica como se vai desenvolver a proba
Xornada festiva
Anima a partircipar nunha xornada que será festa tanto no deporte como no gastronómico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará