Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla no Viso sobre a fortaleza de Castrizán no Monte da Peneda a cargo de Silvia Cernadas

RR_Noticias

A Cultural do Viso acolle este mércores día 8 ás 19:30 horas unha charla enmarcada nas actividades que organiza o servizo de Normalización Lingüística co gallo do convenio de colaboración posto en marcha polo Concello e o Consello da Cultura Galega. Esta actividade, de marcada do carácter divulgativo, servirá para coñecer máis polo miúdo a historia que se agocha detrás da fortaleza de Castrizán.

Neste sentido, será a investigadora Silvia Cernadas a encargada de explicar como esta fortaleza constitúe un episodio pouco coñecido dentro da historia do monte da Peneda, sobre o cal foi construído, e que nos traslada á época de Pedro Madrugas e das loitas nobiliarias baixomedievais. Estivo en pé menos de dous anos, pero puxo en xaque ao propio castelo de Soutomaior e funcionou como unha auténtica fortaleza de asedio. Así pois, este relatorio tentará responder ás preguntas de por que se ergueu o castelo de Castrizán, como funcionaba, cal foi o seu final e que é o que queda daquela fortaleza medieval.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará