Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A primeira casa do maior de Galicia abre as súas portas en Moscoso

RR_Noticias

A parroquia de Moscoso, en Pazos de Borbén, acolle desde este marte a primeira Casa do Maior de Galicia. Un centro asistencial destinado a dar servizo a cinco persoas do municipio, maiores de 60 anos e cunha dependencia moderada ou severa que poderán facer uso das instalacións en horario de 9 da mañá ás 5 da tarde, de luns a venres.

A responsable da iniciativa, Selene Domínguez, explicou que unha das grandes vantaxes deste tipo de centros é o trato familiar que reciben os usuarios. A iniciativa conta coa mesma filosofía que as Casas Niño e foi posta en marcha pola Xunta de Galicia en varios municipios para axudar a fixar a poboación no rural mediante a creación de empregos e a prestación de servizos asistenciais que habitualmente só se atopan nas grandes cidades. En toda a provincia de Pontevedra está previsto que se abra outro centro das mesmas características no municipio de Arbo.
A responsable da Lavandeira destacou que para as persoas maiores é moito mellor poder ter esta clase de servizos a máis preto posible do seu círculo familiar e social. “Para eles os desprazamentos longos son moi molestos e aquí están á beira da súa casa de toda a vida”, salientou Domínguez.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará