Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG comprométese a recuperar as subvencións ás Comunidades de Augas

RR_Noticias

Entenden que o apoio do concello ás entidades que abastecen de auga para consumo humano a máis da metade da poboación de Redondela, constitúe un deber para calquera goberno municipal. Unhas comunidades que quedaron sen a colaboración económica do concello cando Javier Bas chegou á alcaldía, explican dende o Bloque.

Algo máis da metade da poboación do municipio, principalmente residente nas parroquias abastécese de agua para consumo, a través das Traídas e Comunidades de Auga, constituídas entre os anos 70 e 80 entre veciños da parroquia ou dos diferentes barrios aos que a Traída Municipal non garantía o subministro. Tamén constitúen entidades de participación veciñal, que asumen dende a captación dos mananciais, as conducións ás vivendas, o mantemento e o control do consumo da auga.
O edil nacionalista destaca o importante papel que desenvolven as Comunidades de Auga, polo que deben contar co apoio e asesoramento dende a administración local para garantir un servizo nas mellores condicións. Lembra que dende que Javier Bas asumira a alcaldía “estas entidades foron esquecidas e ninguneadas, eliminando a colaboración económica da que gozaban. “Esta situación de abandono por parte dos responsábeis municipais, agravouse nos últimos anos, cando nalgunhas parroquias como Quintela, escaseu o subministro de auga, e dende o concello quedaron de brazos cruzados. Mesmo chegaron a responsabilizar aos propios veciños e veciñas do malgasto da auga”, sinala.
Xoán Carlos González, considera prioritario recuperar tanto o asesoramento ás directivas, en diferentes trámites burocráticos, como das axudas económicas, algo que garanten no caso de estaren presentes no goberno que saia das próximas eleccións municipais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará