Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alertan de vertidos fecais na zona de Cepeda en Pazos de Borbén

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Pazos de Borbén asegura que non se trata dun accidente fortuíto senón dunha situación produto da faltade xestión municipal no que se refire ao sistema público de saneamento. Neste caso denuncian a vertedura de augas fecais sen tratar que procedentes da tubaxe na rede de saneamento de Cepeda verte directamente nun regueiro da parroquia.

Asegura a formación política que Pazos de Borbén padece unhas carencias moi importantes no sistema público de saneamento, un servizo que non chega a todas as parroquias e, a onde si chega, o servizo préstase cunha rede con grandes deficiencias.
A Agrupación de Electores Alternativa Veciñal (AV) denuncia que “a estas carencias das infraestruturas hai que engadir unha xestión municipal totalmente despreocupada e irresponsable, senón directamente delitiva”. A Agrupación sinala como exemplo a instalación dunha tubaxe na rede de saneamento de Cepeda que verte directamente a un regueiro próximo.
O voceiro de AV, Luciano Otero, engade que “non estamos diante dun accidente fortuíto, o Concello está a verter augas fecais sen tratar de xeito consciente e premeditado”. Ademais das graves consecuencias para o medio ambiente, tamén alerta das posibles consecuencias para a a economía municipal, “xa non sería a primeira multa que tivéramos que pagar pola pésima xestión de Andrés Iglesias”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará