Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aposta polo turismo mariñeiro

RR_Noticias

Amarturmar está xa en marcha logo de que nesta Semana Santa os primeiros turistas se sumaran a unha iniciativa que permite ao público convivir durante unhas horas cos profesionais do mar e coñecer a importancia do sector na nosa ría así como a riqueza que agocha as súas augas. Unha “ruta do choco” que desvelou datos sorprendentes aos participantes que puideron participar da experiencia de levantar unha nasa, sacar as redes do mar ou coñecer o bosque mariño no que aniña o cefalópodo. Os seus promotores traballan xa noutras rutas como a do marisqueo ou a dos mexilloeiros.

A iniciativa xorde logo dun curso de formación impartido polos Grupos de Acción Costera. Seis dos seus alumnos decidiron, logo de rematar o curso, poñer en marcha esta asociación de turismo mariñeiro, Amarturmar, co propósito de crear unha oferta turística orientada á difusión da tradición e cultura mariñeira así como poñer en valor o seu propio oficio. No caso da ruta do choco, que foi a primeira das propostas en arrancar con rutas nesta Semana Santa, os participantes achéganse ao día a día dos pescadores embarcando xunto con estes profesionais que se adentran na ría para capturar o choco. “Levantar unha nasa, sacar as redes do mar, visitar a zona na que se atopan eses bosques mariños creados pola Confraría para facilitar a reprodución do choco, pero tamén coñecer datos sorprendentes como aprender a diferenciar un choco macho dunha femia” son tan só algunhas das aprendizaxes que os turistas se levan desta experiencia. Atractivos dunha proposta que dá un valor engadido a actividade turística e que prevé ampliar a súa oferta en vindeiras semanas xa que, segundo explican os seus promotores, a seguinte ruta será a do marisqueo e permitirá aos asistentes coñecer como se recolle a ameixa de xeito tradicional e sostible . Unha iniciativa que busca potenciar o mar como recurso turístico e que xa está pensando en atraer a públicos de todas as nacionalidades “temos que aproveitar o importante número de turistas que se achegan ao noso concello atraídos polo camiño de Santiago, en moitos casos estranxeiros, polo que contaremos con tradutores no caso de que sexa necesario impartir estas rutas noutros idiomas”. As persoas interesadas poden reservar a través do correo amarturmar@gmail.com ou no teléfono 621020775.  

Nuria Novelle turismo mariñeiro
O obxectivo é dar a coñecer a riqueza da enseada e os traballos do mar
Severino Casal contido das rutas
Os participantes coñecen o proceso de cría e pesca dos moluscos con pescadores e mariscadores
Outras rutas
A ruta do choco foi a primeira pero xa preparan outras sobre marisqueo a pé e a flota así como do mexillón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará