Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado do Plan de Emprego realiza as súas prácticas en Barreras

RR_Noticias

Os doce alumnos que se están a formar na especialidade de calderería terán a posibilidade de seren contratados durante 6 meses por empresas auxiliares de Hijos J. Barreras dada a alta demanda que hai no sector deste tipo de profesionais. Actualmente o alumnado participa nun taller encamiñado a obter formación que os habilite para traballar en empresas do sector metal, concretamente en construción naval.

O alcalde de Redondela, Javier Bas, e a Concelleira de Emprego, Carmen Amoedo, visitaron a aula de formación nas instalacións de Hijos J. Barreras, onde están a formarse en calderería 12 alumnos do Plan de Emprego Redondela VIII-PER VIII. Da man do presidente da compañía, José García Costas, coñeceron as tarefas e formación que están levando a cabo na empresa os alumnos redondeláns.
Trátase dun programa teórico- práctico de 180 horas en aula e taller nos que aprenden sobre prevención de riscos laborais no sector naval, traballos en plataforma elevadora e emprego de soplete, entre outras actividades formativas. A formación en calderería está encamiñada a traballar en empresas do sector metal, concretamente en construción naval.
O convenio entre a empresa e o Concello recollía inicialmente o compromiso do 40% de inserción laboral, pero se os 12 alumnos participantes superan a fase de selección e proba final tras o curso, serían contratados dada a alta demanda que hai no sector deste tipo de profesionais. A contratación sería por un período inicial de seis meses a xornada completa en empresas auxiliares de Hijos J. Barreras. En concreto, ocuparán o posto de traballo de Caldereiro ou Axudante de Calderería na categoría de peón.
Neste senso, o rexedor redondelán destacou “a gran oportunidade que supón para estes 12 mozos obter unha titulación especializada e un posto de traballo cualificado”. Ademais, salientou e agradeceu “a gran colaboración da empresa á hora de establecer un acordo co Concello”, así como o compromiso de contratación que “abre a porta do mercado laboral ao alumnado”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará