Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de guitarra creativa con Darío Moreira e monólogo de humor con Carmen Méndez

RR_Noticias

A Concellería de Cultura déixanos para esta fin de semana dúas citas diferentes das que poderemos gozar no Multiúsos da Xunqueira. O sábado será coa música de Darío Moreira quen ofrecerá un concerto de guitarra creativa ás 20:00 horas. O domingo a proposta chega da man do ciclo “Humor na súa tinta” coa actuación da actriz galega Carmen Méndez. As entradas para cada unha das propostas pódense retirar no Multiúsos a un prezo de 7€ xeral (5€ entrada reducida).

A achega de Darío Moreira á música contemporánea para guitarra consiste no desenvolvemento de novos recursos técnicos e compositivos que amplían e diversifican a sonoridade do instrumentos. Actualmente ten en marcha o proxecto Naturezas onde integrar temas tradicionais galegos xunto cunha colección de composición contemporánea para guitarra que buscan recrear o ambiente, o sabor e o ritmos de diversas cultural interconectadas entre si a través da emigración. Unha música que poderemos escoitar o sábado 13 ás 20:00 horas no Multiúsos.
O domingo a proposta chega co espectáculos “Outra químicas” da actriz e humorista galega Carmen Méndez. Un monólogo enmarcado no ciclo Humor na súa tinta que se poderá ver tamén no Multiúsos ás 20:00horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará