Hoxe é Martes 12 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición solicita que se estuden novas fórmulas de xestión para a piscina municipal

RR_Noticias

Os servizos privatizados son tema recorrente de debate no concello de Redondela e, neste caso, a discusión xira en torno a piscina da Marisma cuxa xestión está actualmente en mans da empresa Serviocio, concesión que remata en menos de cinco meses. O paso polo pleno desta cuestión por cuestión burocráticas levou a posicionarse aos grupos, que dende a oposición apostan maioritariamente por estudar novas formas de xestión do servizo que poderían pasar pola súa remunicipalización ou por deixar o servizo en mans dunha cooperativa. O PP acusa a oposición de “privatizar cando están no goberno e demandar a municipalización de servizos cando están na oposición”.

A denuncia do contrato da piscina, unha cuestión burocrática cando se achega o remate da concesión dalgún servizo privatizado, abriu a porta a un debate sobre a situación desta piscina da Marisma. Un servizo deportivo amplamente empregados polos veciños de Redondela pero que ao entender dos grupos da oposición non están a ser controlado como debería por parte do goberno. Por este motivo reclaman que se realice unha auditoría para coñecer se a empresa cumpriu coas súas obrigas contractuais en canto a reparación ou adquisición de material. Tamén solicitan que se estuden novas fórmulas de xestión que para o BNG pasan pola remunicipalización do servizo mentres que AER abre máis o abano “apostamos por un servizo de xestión pública ou porque a nova corporación valore outro tipo de empresas ou cooperativas para prestar este servizo”. Dende o PP comprométense a realizar unha auditoría canto antes ao tempo que acusan aos grupos da oposición de hipócritas, concretamente a PSOE e BNG porque, en palabras da popular Carmen Amoedo “nos anos que estiveron no goberno non remunicipalizaron nada”.  

Xoán Carlos González BNG
Un servizo que entenden é susceptible de ser remunicipalizado
Roberto Darriba AER
Formulan outras fórmulas de xeestión
Leonardo Cabaleiro PSOE
os socialistas solicitan que canto antes se coñeza o estado das instalacións
Carmen Amoedo PP
Os populares falan de hipocresía dos grupos da oposición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará