Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Poucas alegrías para o deporte local, con derrota do Choco incluída

RR_Noticias

O Choco queda a cinco puntos do play-off tras caer na súa visita ao campo do Paiosaco.
O equipo local foi superior e contou con máis e mellores oportunidades para marcar nun partido que rematou cun 2-1 a favor do Paiosaco e que acaba coa espectacular racha positiva do equipo de “Gonza” que levaba 15 xornadas sen perder. Na próxima xornada xogan en Santa Mariña e reciben a un rival complicado, o Compostela, terceiros na clasificación.
 

Malia que foi o Choco o encargado de abrir o marcador cun tanto de Félix, xogador que se converte nun dos máximos goleadores da categoría, eran os locais os que tiñan máis oportunidades. De feito, xusto antes do descanso un dos xogadores do Paiosaco, Otero, rozaba o empate, pero o esférico non entraba e os locais non lograban cambios nun marcador que sinalaba o 0-1 a favor do Choco. As cousas cambiarían no segundo tempo con tantos de Ventola e Eiroa, que lle darían a volta ao marcador ata chegar ao remate co resultado de 2-1.
 
San Martín-Arcade (aprazado)
Xa na primeira autonómica non temos resultado, logo de que o árbitro decidise suspender o encontro entre o San Martín e o Arcade polo mal estado no que se atopaba o campo de Vilaxoán. Na próxima xornada o Arcade recibe ao equipo da Guía.
 
Segunda autonómica
Atlético Vilar-Mosense 2-0
Vitoria para o Atlético Vilar 2-0 sobre o Mosense, Os de Mon Sanromán son oitavos e xogan na próxima xornada no campo do Santa Mariña (3º).
 
Cesantes-Marín 0-1
O Cesantes non foi quen de vencer ao Marín nun partido que rematou co resultado de 0-1 a favor dos visitantes. Os de Pablo Alonso son 13º, a próxima cita será no campo do Poio.
 
Terceira Autonómica
Sampaio-Chapela 1-7
Avultada vitoria para o Chapela que visitaba o campo do Sampaio, encontro que rematou co resultado de 1-7. Na próxima fin de semana defenden a súa 4ª praza ante o Alcabre.
 
Coia-Nespereira 4-0
O Nespereira segue afundido no pozo da clasificación logo de sufrir unha nova derrota, nesta ocasión ante o Coia nun partido que rematou co resultado de 4-0.
 
Soutomaior-Santomé 3-0
Rematou a liga o Soutomaior no terceiro posto da táboa, fíxoo cunha vitoria ante a súa afección. 3-0 foi o resultado do partido co Santomé.
 
Fútbol Sala
Pazos de Borbén-Valdesuso Vilalba 4-4
Estrada Futsal-Campito 4-1
A terceira división déixanos o anuncio do derbi entre o Campito e o Pazos, encontro que os equipos afrontarán de xeito ben diferente. O Pazos de Borbén como líder da categoría logo do empate esta fin de semana ante o Valdesuso Vilalba (4-4). Nos postos baixos da táboa sitúase o Campito que non foi quen de facerse co partido disputado na casa do Estrada Futsal, encontro que deixaba o resultado de 4-1.
 
Balonmán
Honra Prata Feminina
Lanzarote-Cíes Chapela 22-17
Rematou a liga o Cíes Chapela como pechacancelas do grupo, caían ante o Lanzarote por 22-17
 
Carballal-Sar Rodavigo 27-20
A Sar Rodavigo disputaba tamén o seu último partido e fíxoo con derrota, 27-20 ante o Carballal.
 
Primeira Nacional Masculina
Luceros-Chapela 27-27
Empate para o Chapela na súa visita a pista do Luceros. 27-27. Na próxima xornada reciben ao Camariñas.
 
Primeira Autonómica
Carballar-Sar 20-19
Non foi quen a Sar de facerse co billete para a fase de ascenso, pendente do que acontecera no partido desta fin de semana ante o Carballal, equipo que se fixo coa vitoria pola mínima (20-19).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará