Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A poesía visual chega ás aulas de primaria da man do artista David Fernández Rivera

RR_Noticias

Os alumnos de quinto e sexto de primaria de diversos centros educativos de Redondela, poderán gozar, ao longo dos meses de abril e maio, do Proxecto Caligrama 2000, un taller de poesía visual desenvolvido polo poeta e pedagogo David Fernández Rivera e que xa visitou multitude de aulas, tanto a nivel nacional como internacional.

Case 300 alumnos e alumnas de centros de primaria poderán achegarse a este mundo creativo nos próximos meses. A actividade, impulsada pola Concellaría de Cultura busca achegar un mundo tan especial como o da creación poética aos máis pequenos. Unha actividade enmarcada dentro da programación que o concello desenvolver como Cidade amiga da infancia. Tamén colaborou na organización deste proxecto a Concellaría de Ensino.
O taller trata de converter a aula nun vehículo cara ás diversas paisaxes das infinitas correntes da poesía visual. Esta manifestación lírica, quizais menos coñecida que a tradicional, pero exactamente igual de importante e transcendente, moitas veces atopa nos nenos ao seu mellor público; posto que, se algo é necesario para gozar de todo o que nos ofrece esta visión da poesía é a imaxinación, un atributo que os infantes teñen a flor de pel e do que David Fernández Rivera aprovéitase para aplicar a súa innovadora pedagoxía.
De feito, esta iniciativa sorprende e seguirá sorprendendo, posto que o poeta en ningún momento traballa con poesía adaptada á infancia, senón que se basea na realidade, moitas veces pasada por alto, de que os nenos teñen tanta ou máis capacidade que os adultos para asombrarse ou soñar desde e a través da arte. Por iso, non é de estrañar que os estudantes reciban con entusiasmo obras de poetas como Joan Brossa ou Apollinaire, por mencionar algúns dos autores que se traballarán na dinámica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará