Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo ourensán Tandub faise un oco no Festival Millo Verde

RR_Noticias

O público asistente ao concerto-concurso que se celebraba este sábado na Feira do gando foi o encargado cos seus votos de determinar cal dos dous finalistas, Tandub ou Cubo Metálico, se facían cos 500 euros do premios e a posibilidade de actuar no festival Millo Verde que se celebrará na praia de Cesantes do 3 ao 8 de xuño. Finalmente foi a música fusión do grupo ourensán Tandub quen logrou o favor do público.

Un concurso que supón o pistoletazo de saída para un festival que volverá celebrarse na primeira semana de xuño na praia de Cesantes e que ten practicamente pechada a súa programación musical con actuacións de Ghetto Kumbé, Kings of the Beach, Fémina, KOG& The  Zongo Brigade, Sin a deir sí ou Rebelión do inframundo entre outros. Grupos aos que se suma agora, por elección do público, a música fusión de Tandub.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará