Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

II edición do Torneo de Fútbol Sala “Vila de Redondela” con equipos de toda Galicia

RR_Noticias

O Club Redondela F.S. organiza os días 15, 16 e 17 de Abril a segunda edición do Torneo Vila de Redondela en categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Infantil Feminino. Unha cita que nacía o pasado ano e que confía en repetir éxito nesta edición, cumprindo así os seus obxectivo de fomentar e difundir a práctica do fútbol sala na festividade de Semana Santa e así cubrir o oco xerado polas competicións oficiais nesta época.

Nesta segunda edición amplíase o abano de categorías coa inclusión da categoría Infantil e Infantil Feminino. O torneo contará coa participación de equipos de gran calado a nivel galego nesta modalidade deportiva como son o Burela F.S., Santiago Futsal, Troula Betanzos F.S., Leis F.S., Narón, E.D.C. Celanova, Colexio Apóstolo Santiago, Treboada, Arealonga F.S., Indepo, Poio F.S, Fisgón Futsal, Colexio Labor, S.D. Pazos de Borbén, Fútbol en 40×20, Pecheches F.S., Casa Paco81 e o propio Redondela F.S.
Desde o club agradécese a colaboración e dispoñibilidade de todos estes equipos para asistir ao torneo e espera que se poida reflectir no terreo de xogo o gran facer de cada un deles. Tamén agradecen especialmente a colaboración dos seus adestradores e coordinadores deportivos que fixeron posible pór en marcha este torneo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará