Hoxe é Xoves 26 de Novembro de 2020

Contacontos en Pazos para conmemorar o Día da Muller e da Narración Oral

RR_Noticias

A Biblioteca de Pazos de Borbén organizada durante a semana do 11 a0 15 de marzo unha serie de actividades en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo de conmemorar dúas datas salientables para este servizo como son o Día da Muller (8de marzo) e o Día da narración oral (20 de marzo).

A primeira das actividades leva por nome “Rapazas de Conto” e correrá a cargo da actriz, ilustradora e contadora Marisa Irima o luns 11 de Marzo en dúas sesións, ás 11:00 e 13:00 horas, na sala de lectura. Está prevista a participación dos alumnos de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI.
Un espectáculo de narración oral onde o eixo principal constitúeno historias onde as rapazas desenvolven un papel activo, como base para unha aprendizaxe do respecto e a igualdade, favorecendo a busca de novos referentes, co fin de reforzar unha educación que potencie e permita unha convivencia sen discriminación por razón de xénero.
Continuara a programación o mércores 13 ás 13:00h no Auditorio do Concello co espectáculo en portugués “Contos da Ilha” a cargo da contadora Sofía Maul, procedente da illa de Madeira (Portugal). Un espectáculo que forma parte da programación da VII edición do Festival Internacional de Narración oral Atlántica e ue achegará a Pazos “histórias e lendas da pequena ilha de Madeira (Portugal), por onde passaram tantos navegantes e exploradores atlânticos para buscar água, vinho e fruta e deixar histórias, relatos e mistérios.”
Finalizará a programación o venres día 15, tamén no Auditorio do Concello ás 13:00 horas, co espectáculo “Contos de Lilith” a cargo da contadora galega Crista de Caldas.
“Lilith foi a primeira muller de conto e merece ser coñecida a súa historia. Ao seu lado estará Pepa a Loba e outras bravas mulleres. Unha sesión de contacontos de igualdade.”
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *