Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

21 comparsas participan este domingo no desfile de entroido de Soutomaior

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior celebra este domingo día 10 de marzo o seu tradicional desfile de Entroido e contará coa presenza dun total de 20 comparsas ademais da realizada polos nenos do concello que asisten ao taller de comparsas municipal. O tradicional desfile de comparsas dará comezo ás 17:00 horas no cruzamento da avenida Xosé Solla co Calvario polo que se procederá a cortar o tráfico no centro de Arcade a partir das 15:30.

As comparsas volverán demostrar a súa creatividade e imaxinación nun colorido desfile de Entroido, cargado de orixinais creacións e moito humor. Abrirán o desfile 4 “saltóns” xigantes que animarán ao público durante todo o percorrido que irá dende a avenida Xosé Solla ate a Alameda de Tallo Río. A xornada terminará cunha gran festa chea de diversión e música coa actuación do grupo” 3.Com” até as 22:00 horas.
Ademais das comparsas do municipio, este ano desfilarán outras de Redondela, Pontesampaio, Pontellas, Bembrive, Matamá, etc.
Para garantir a seguridade do desfile pecharase a tráfico a partir das 15:30 horas a Avenida Xosé Solla e a Rúa Rosalía de Castro e estará prohibido aparcar desde as 15:00 h. nas citadas rúas desde o cruzamento coa rúa Cochón. 
En caso de adiamento debido ao mal tempo o desfile trasladarase ao seguinte domingo 17 de marzo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará