Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra este domingo o desfile de comparsas e a queima do Meco

RR_Noticias

Intensa programación de Carnaval a que nos depara o vindeiro domingo día 10 de marzo, xornada na que se celebrará pola mañá o desfile de comparsas e xa pola tarde a queima do Meco “sempre e cando o tempo o permita” engade prudente a concelleira de eventos, Angela Antón. Mantense o concurso de disfraces, a animación infantil e a animación musical que arrancará ás 16:30 horas.

Dende o departamento de eventos animan aos veciños a participar desas actividades que tiveron que ser adiadas por mor do mal tempo e que confían congregar a centos de persoas “tal e como xa sucedera o no pasado, cando a mala meteoroloxía tamén nos obrigou a trasladar a programación do entroido” explica Angela Antón.
Nesta ocasión cadrar a programación foi un pouco máis complicado ao celebrarse tamén o domingo a Carreira da Muller ás 10:30 horas. Será xusto cando acabe esta proba deportiva cando as 23 comparsas inscritas saian dende o Convento de Vilavella en dirección ao campo da Feira. Máis de 1300 persoas formarán parte deste desfile no que non faltará a música, o ritmo e a vistosa cor dos disfraces e as carrozas.
Xa pola tarde desenvolveranse as actividades previstas para o martes de entroido e que tamén foron adiadas. Así, será a partir das 16:30 horas cando teñan lugar os diferentes obradoiros infantís na praza do Concello e xa as cinco o tradicional concurso de disfraces no que poderán participar todos os que o desexen apuntándose no momento no propio concello. “O Dragón de luz” protagonizará o espectáculo previo á Queima do Meco, prevista para as 20:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará