Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR segue a medrar desde a base

RR_Noticias

Tanto nas categorías femininas como masculinas, no club redondelán teñen claro que a súa canteira debe ser a protagonista. O equipo de División Honra Prata feminina xa ten asegurada a permanencia, e esta fin de semana disputan o derbi co Chapela. Na Primeira Autonómica masculina aínda pelexan por engancharse á fase de ascenso co equipo máis novo da liga.

O presidente do club, Aurelio Krook “Lito”, ten claro que a aposta da SAR debe ser “traballar na canteira”, con xogadores e xogadoras que medren e se formen no club ata chegar ás categorías absolutas. Iso é o que están a facer e ademais con éxito. O equipo feminino de Honra Prata experimentou un cambio notable esta temporada, debido ás baixas de varias xogadores importantes. Pero o combinado de Elisardo Covelo “Chini” soubo repoñerse, foi encaixando aos poucos todas as pezas con xogadoras moi novas, e está a colleitar excelentes resultados. A pasada semana gañaban en León na pista dun dos xigantes da liga, o Cleba, e antes fixeran o propio en Canarias impoñéndose ao Tenerife. O equipo foi de menos a máis e agora está “no seu mellor momento” Derbi SAR-Chapela A próxima fin de semana protagonizarán o derbi co Cíes Chapela, coas rivais prácticamente descendidas. Krook lamenta a situación do equipo rival, pero advirte que malia a posición na táboa das de Chapela non deben confiarse porque o derbi “é un partido diferente”, os dous equipos chegan “cun extra de motivación” e pode darse “calquera resultado”. O partido será o domingo, día 10, ás 12.30 horas no pavillón da Marisma. Primeira Autonómica Tamén lle están a ir ben as cousas ao equipo masculino de Primeira Autonómica, son 3º logo de gañar a pasada xornada no pavillón do Novás. E aínda teñen opcións de loitar pola fase de ascenso, malia que deben agardar un “tropezo” do Carballal, que está a 6 puntos de distancia a falta de catro xornadas. “Lito” salienta que se trata do equipo “máis novo da liga” polo que se amosa “moi satisfeito” co resultado acadado polos rapaces. Este sábado volven xogar fóra da casa, será en Vigo ante o Seis do Nadal. Os anfitrións ocupan o 10º posto na táboa, pero o presidente lembra que xa pasaron “apuros” para gañarlles en Redondela. Krook confía en que os siareiros da SAR se despracen a Coia para apoiar ao equipo. O partido será o sábado, día 9, ás 18.30 horas.

Aurelio Krook "Lito" presidente da SAR
O equipo feminino de Prata foi de menos a máis e agora está "no seu mellor momento".
Derbi SAR Rodavigo-Cíes Chapela
Krook lamenta a situación do equipo rival pero advirte que malia a posición na táboa das de Chapela non deben confiarse.
Os máis novos da liga
O equipo de Primeira Autonómica é o máis novo da liga e no club están "moi satisfeitos" cos resultados acadado.
Seis do Nadal-SAR Plastic Omnium
Os anfitrións ocupan o 10º posto na táboa pero o presidente lembra que xa pasaron "apuros" para gañarlles en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará