Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protagonismo dos porteiros no empate entre o Choco e o Ribadumia

RR_Noticias

Reparto de puntos en Santa Mariña nun encontro sen goles no que tanto Cortegoso como Roberto Pazos foron protagonistas con grandes intervencións. O Arcade deu a sorpresa ao gañar ao Pontevedra B, o Atl.Vilar empatou co Nieto e o Cesantes perdeu en Noalla. No fútbol sala derrota para todos os equipos locais. Mellor sorte no balonmán con vitorias para a SAR na Honra Prata Feminina e na Primeira Autonómica Masculina.

Terceira División
Choco 0-0 Ribadumia
O partido entre o Choco e o Ribadumia en Santa Mariña estivo marcado pola gran actuación dos porteiros Cortegos e Roberto Pazo. Os dous conxuntos crearon ocasións, pero o marcador non se moveu. No primeiro tempo, o encontro estivo dominado polo Choco, os de Gonzalo Fernández “Gonza” fixéronse co mando e protagonizaron varias ocasións claras de gol. Félix, en dúas ocasións, e Antón Vilas buscaron abrir o partido, pero Roberto Pazos evitou que os lanzamentos entraran entre os tres paus, mentres Carlos Cora enviou o balón fóra. Na segunda parte o Ribadumia buscou a vitoria, e tivo dúas ocasións que Cortegoso desviou. Logo do reparte de puntos o Choco segue invicto en Santa Mariña, está na novena praza, cunha renda de oito puntos sobre o descenso. Na próxima xornada visita o campo do Somozas, 8º, un punto por riba dos redondeláns.
Choco: Cortegoso, Lazcano, Yago Vazquez, Cañedo, Xián, Caloi, Comis, Vilas, Félix, Cora (Isaac Santiago, min. 83), Gabri (Davo, min. 89).
Ribadumia: Roberto Pazos, Santi Padín, Aval, Miguel Vázquez, Javi Domingo (Rodrigo Bestilleiro, min. 85), David Gómez, Fandiño, Manu Santos, Monchito (Marcelo Abalo, min. 72), Tomás Abelleira, Hugo Soto (Aitor Pérez, min. 85).
Primeira Autonómica

Arcade 3-2 Pontevedra BBuján, Bouzón e Juanín fixeron os tantos da sorpresa ao derrotar ao Pontevedra B en no Salgueirón. O Arcade é 5º, e o domingo visitará o campo do Domaio, da parte baixa da táboa.
Segunda Autonómica

Atl.Vilar 1-1 Nieto
Os de Mon Sanromán empataron co Nieto, co que seguen igualados a puntos. Cristian adiantou ao Vilar na primeira metade, pero Cuki empató para o Nieto no tempo de desconto. Dous tiros ao pau do Nieto e un do Vilar. Están na 9ª posición, e o domingo visitan o campo do Candeán, 2º da táboa.
Noalla 4-1Cesantes
Derrota do Cesantes, que é 12º. Na próxima xornada reciben ao Sampaio, que é 10º.
Terceira Autonómica

Chapela 1-1 Matamá
O Chapela empata co Matamá. Agora son 5º, e recibirán ao S.Miguel, 8º do grupo
Peñasco 5-4 Nespereira
O Nespereira segue afundido na parte baixa da táboa logo da derrota no campo do Peñasco nun partido con moitos goles. O domingo recibirán ao Moledo, co que están empatados a puntos.
Soutomaior 0-1 CerponzónsDura derrota para o Soutomaior, que se distancia así dos postos de ascenso directo. Un único gol de Jorge deu a vitoria ao equipo visitante. O Soutomaior, 3º, xogará a próxima semana no campo do pechacancelas, o Caroi.
Fútbol Sala Terceira División

Campito 4-5 Red Blue Vigo
Os de Chapela seguen en postos de descenso logo da derrota ante o Red Blue Vigo. O domingo xogarán na Coruña ante o Academia Red Blue 5.
Talleres ABC Vigo 5-4 Pazos
Os de Fran Amoedo manteñen o liderado malia a derrota, pero con escasa marxe sobre o segundo. Na próxima xoprnada reciben ao Playas de Barreiro.
Preferente Sur

Baiña F.S. 4-3 Redondela Maramar
O equipo local redondelán perdeu ante un dos fortes do grupo, o Baíña F.S., nun partido no que deu a cara. Na próxima xornada recibirá ao Valadares global Mar
Balonmán División de Honra Prata Feminina

Cíes Obra Civil Chapela 13-26 Lavadores
O BM.Chapela segue como pechacancelas do grupo logo dunha abultada derrota ante o Lavadores, que busca consolidarse en posos de cabeza. Esta semana desprázanse a Asturias para xogar ante o Siero.
SAR Rodavigo 39-28 Valladolid
As de “Chini” impuxéronse cun marcador contundente ante un gran rival. Terano moi difícil a próxima xornada. Viaxan a Canarias para medirse ao Tenerife, 3º do grupo.
Primeira Nacional Masculina

Rodosa Chapela 25-27 C.Castro LavadoresPrimeira derrota do Rodosa Chapela no seu pabellón. Perderon ante o líder, o Construcións Castro Lavadores, por un axustado marcador. Os locais estiveron preto de provocar a primeira derrota do Lavadores, xa que os de Teixeira foron por diante durante 45 minutos. Finalmente as paradas de Pablo Chantada e o acerto de Pombo déronlle a vitoria aos vigueses. O Chapela, que segue na 5ª praza do grupo, xogarán o sábado na pista do pechacancelas, o Octavio.
Primeira Autonómica

Deza 23-29 SAR PlasticOmnium
A SAR mantén a 4ª praza, empatados co 3º, o Novás, logo da vitoria no pabillón do Deza. Na próxima xornada reciben ao Moaña, situado na parte baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará