Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior retoma as visitas guiadas con Coco Chanel, María Vinyals e Pardo Bazán

RR_Noticias

A iniciativa dará a coñecer, con guías oficiais caracterizadas das tres históricas mulleres, a musealización do Castelo, os xardíns de camelias e a exposición “A moda en detalles”. A Deputación lanza tamén as visitas temáticas “A ruta da camelia” para percorrer os xardíns, en plena floración dos máis de 400 exemplares que ten o Castelo.
 

As novas iniciativas impulsadas polo goberno da Deputación están enmarcadas na campaña “Fame de experiencias” e buscan desestacionalizar o turismo e continuar impulsando o castelo de Soutomaior como eixo de atracción e espazo para a cidadanía. As visitas pódense reservar na web www.castelodesoutomaior.com, para participar en “Camelia e moda”, as primeiras das visitas previstas que terán lugar os días 23 de febreiro e 3 e 10 de marzo.
Tres guías caracterizadas de María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Coco Chanel serán as protagonistas das visitas “Camelia e moda” que se desenvolverán en cinco sesións de hora e media de duración os días 23 de febreiro (11.00 horas), 3 e 10 de marzo (12.00 e 16.00 horas). Así, da man destas tres mulleres, darase a coñecer tanto a musealización do Castelo de Soutomaior como os xardíns da camelia e a exposición “A moda en detalles”, que estará dispoñible no castelo durante o mes de marzo.
Con “Camelia e moda” a Deputación de Pontevedra ten por obxectivo divulgar un novo xeito de descubrir a historia do Castelo de Soutomaior vivindo múltiples experiencias da man de guías oficiais caracterizadas de Vinyals, Pardo Bazán e Coco Chanel. Deste xeito, amais de coñecer o proxecto de musealización desenvolvido polo goberno de Carmela Silva no castelo e descubrir a historia de María Vinyals, a través desta primeira visita caracterizada é posible achegarse aos xardíns de camelia e complementar a visita cun percorrido pola “Moda en detalles”, unha exposición pioneira que presenta fondos do Museo de Pontevedra nunca antes amosados.
En total, a Deputación de Pontevedra oferta 150 prazas, 30 por sesión.
A presidenta da Deputación tamén presentou as visitas temáticas “A ruta da camelia” que terán lugar os días 21,26 e 28 de febreiro e o 5,7, 12 e 14 de marzo en dúas sesións diarias, ás 12.00 e 16.00 horas. Segundo detallou Carmela Silva estas visitas estarán guiadas por persoal do castelo de Soutomaior que darán a coñecer, durante unha hora, a Ruta da Camelia polos seus xardíns, declarados de Excelencia Internacional, e tendo en conta a época de floración na que nos atopamos.
Para participar nas visitas temáticas “A ruta da camelia” xa se pode formalizar a reserva de praza a través da páxina web www.castelodesoutomaior.com. En total ofértanse 450 prazas, 30 por cada unha das sesións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará