Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación contra o cancro amosa en Redondela a exposición itinerante “Achégate a miña realidade”

RR_Noticias

Os soportais do concello acollerán este sábado a exposición “Achégate a miña realidade” unha mostra que recolle as emocións e situacións da xente que vive con cáncer. O obxectivo é incidir no impacto emocional que deriva dun diagnóstico de cancro, tanto para o enfermo como para a xente que o rodea. A presidenta da asociación en Redondela, Amparo Alonso anima aos veciños a visitar a exposición o sábado de 11:00 a 14:00 horas e a todos os que se vexan afectados pola enfermidade, directa o indirectamente, a acudir as súas oficinas no Multiúsos da Xunqueira.

Dende hai meses a nova directiva da Asociación en Redondela está a traballar de cara a ofrecer aos posibles usuarios unha mellor atención, centrada principalmente a atención psicolóxica que é o que máis demandan tanto os enfermos como os seus familiares. “Ánte un diagnóstico de cáncer tanto o paciente como o seu entorno vese afectado” explica Amparo Alonso, “por ese motivo temos unha psicóloga que atende a aqueles que así o precisan e confiamos en ampliar esta atención coa posta en marcha de terapias de grupo que facilitarán aos enfermos contar cun espazo no que poder falar libremente”. Un servizo que prevén se poña en marcha no mes de marzo. Teñen tamén a disposición dos usuarios o asesoramento dun traballador social, máis enfocado a dar resposta a demandas de tipo económico ou facilitar a xestión de diferentes recursos.  

Amparo Alonso Asociación Contra Cáncer
Unha exposición para conmemorar o día contra o cáncer
Atención psicolóxica
Un servizo moi demandado
Servizo social
Un traballador social achégase cadda semana a Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará