Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nace “Souto Pequeno”, un festival de cine e música infantil

RR_Noticias

Unha proposta do Concello de Soutomaior detrás da cal atopamos a Fernando Carreira “Cuchi” e Miguel Borines, que se embarcan na organización deste festival Souto Pequeno que se vai desenvolver na última semana de marzo. Concertos, obradoiros, cine de animación e incluso verbenas é o que propoñen nun programa que busca converter este concello nun referente no calendario de programas infantís.  

O Multiúsos de Arcade e o peirao da localidade son os dous escenarios elixidos para acoller a programación do I Festival de cine e música infantil “Souto pequeno”. Un programa no que ademais das películas de animación, que serán a súa sinal de identidade, haberá concertos e moita música. Así, está xa pechado o 1 encontro de homes orquestras con propostas chegadas de Italia, Portugal, Arxentina e España, pero tamén concertos de grupos como Uxía Lambona e a Banda Molona e obradoiros nos que os participantes aprenderán a elaborar os seus propios instrumentos ou realizar unha película de animación coa técnica da “stop mocion”. As películas, que deberán ser aínda seleccionadas entre as recibidas ao concurso, proxectaranse no Multiúsos e os pequenos exercerán de xurado, xa que cos seu votos decidirán que cinta leva o premio do público dotado con 800 euros. Fernando Carreira Cuchi salienta o apoio e compromiso que en todo momento atopou nos responsables municipais á hora de poñer en marcha un festival que nace con vocación de continuidade e que supón unha aposta moi forte por parte deste municipio na programación infantil.  

Fernando Carreira Cuchi Souto Pequeno
Un festival orientado ao público infantil e familiar
Música/obradoiros/cine
Un completo programa
Os pequenos son os protagonistas
Xa teñen a súa propia mascota

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará