Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cruz Vermella busca voluntarios en Redondela

RR_Noticias

Logo de abrir hai escasas semanas a súa delegación permanente no noso concello, nos baixos da Casa da Cultura, a Cruz Vermella traballa agora na creación dun grupo estable de voluntarios que poida desenvolver as actividades de cooperación e axuda que adoita ofrecer esta entidade co obxecto de dar apoio a persoas en situación de vulnerabilidade.

Cruz Vermella busca implantar en Redondela actividades que xa viñan ofrecendo de xeito puntual a través das delegacións que traballan en Pontevedra e Vigo. Unha vez aberta a súa oficina no noso concello o seguinte paso é crear un grupo de voluntarios que estean dispostos a ceder o seu tempo e, sobre todo, “botarlle gañas” para colaborar nos diferentes programas e actividades que realiza a asociación. Entre as accións máis habituais que desenvolve Cruz Vermella atópase o acompañamento a persoas maiores, o reforzo educativo e social a nenos, adolescentes e as súas familias, charlas nos centros educativos ou obradoiros de memoria e vida activa, entre outras. Unhas accións que buscan atender aos usuarios que chegan ata eles de xeito espontáneo ou derivados polos Servizos Sociais, ao decatárense os traballadores da administración que non poden atender ou dar resposta as súas necesidades. E para realizar esta labor é fundamental o traballo do voluntariado, motivo polo que na xornada de hoxe saíron a rúa para convocar aos interesados, que poden tamén achegarse a nova delegación nos baixos da Casa da Cultura en horario de mañá de luns a venres de 8:00 a 15:00 e tamén pola tarde de luns a xoves dende as 16:00 ás 18:00 horas.  

Diana Freire Cruz Vermella
Obxectivos
Voluntariado
Son parte fundamental
Crear un grupo en Redondela
Os interesados poden achegarse á Casa da cultura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará