Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xaneiro deixa un regueiro de novos parados na bisbarra

RR_Noticias

O fin da campaña de Nadal déixase notar en todos os concellos que conforman a área metropolitana e tamén a nosa bisbarra cun incremento no número de persoas inscritas nas listas do antigo Inem. Así, o concello máis afectado é o de Redondela onde hai 54 novas persoas en paro, con subas tamén en Soutomaior (+22) e no concello de Fornelos de Montes (+16). Non hai variación en Pazos de Borbén que se mantén con 309 persoas desempregadas.

Como adoita acontecer en xaneiro, a destrución do emprego tanto no comercio como na hostalería arrastran os datos do paro con cifras negativas en practicamente toda a Comunidade.
Unha situación que afecta tamén a Redondela que ve como se incrementa o número de persoas en situación de busca de emprego, con 54 novos inscritos nas listas do paro que contabiliza un total de 1.842 persoas nesta situacións. Curiosamente os datos non foran mellores en decembro, mes no que tamén se experimentou un alza importante e moito menos habitual con 67 parados máis.
En Soutomaior son 609 as persoas desempregadas, 22 máis que no final do ano e en Fornelos o incremento foi de 16 novos parados ata os 148 inscritos.
O único concello da comarca que se salva é Pazos de Borbén que se mantén estable nos 309 desempregados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará