Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colexio de Laredo distinguido coa Placa de Honra da Orde de Alfonso X O Sabio

RR_Noticias

O Ministerio de Educación concede esta distinción ao colexio de chapela polo seu proxecto Esencia Laredo e a súa traxectoria educativa “ao aunar innovación metodolóxica, rendemento académico e calidade educativa en xeral”. O director do centro Abraham Rodríguez e a xefa de estudos Ana Ruiz del Olmo recolleron onte este premio en Madrid da man da ministra de Educación Isabel Celaá.

A iniciativa “Esencia Laredo” un proxecto de microempresa na que estiveron involucrados alumnado de 5º e 6º de primaria e que consistiu na elaboración, produción e venda de diferentes produtos de hixiene e beleza (colonias, xabóns…) leva dándolle a este centro educativo moitas alegrías. Ademais de ser un proxecto solidario, xa que o recadado a través da vendas dos produtos elaborados no centro destináronse a diferentes accións de apoio a colectivos ou familias que os necesitaban, a iniciativa recibira o Premio á Acción Maxistral 2017.
Agora súmaselle tamén este recoñecemento procedente do Ministerio de Educación que lle outorga a placa de honra da Orde Civil Alfonso X “pola súa contribución ao fomentos da iniciativa e o espírito emprendedor do alumando a través da creación dunha pequena empresa con obxectivos solidarios e de sostenibilidade ambiental”.
Xunto ao de Chapela o Ministerio distingue tamén con este galardón a outros cinco centros educativos de todo o estado, entre eles o IES LUcus Augusti de Lugo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará