Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ximnasia para mellorar a saúde física e mental

RR_Noticias

Os “adultos maiores” é dicir, as persoas de máis de 60 anos son o público obxectivo da actividade que organiza Servizos Sociais e que busca que este sector da sociedade conte cun espazo no que facer exercicio físico axeitado a súa idade e as súas características particulares. O prazo de inscrición remata o 31 de xaneiro e debe formalizarse nas Oficinas de Servizos sociais.

O sedentarismo é un dos grandes problemas aos que se enfrontan as persoas maiores, que ven mermada a súa forma física moitas veces non por problemas de saúde reais senón por non exercitar o seu corpo. Co obxecto de promover un envellecemento activos tanto físico como mental, dende o departamento de Servizos Sociais ponse en marcha este programa de ximnasia en movemento que será impartido por Silvia Varela, licenciada en ciencias da actividade física e do deporte e especialista en programas orientados a adultos maiores. Será a encargada de planificar os exercicios así como deseñar tarefas específicas dependendo das particularidades de cada usuario. A idea é ofrecer máis opción aos maiores de 60 anos que se atopan activos fisicamente axudándoos cunha ximnasia específica a mellorar a súa motricidade, coordinación e memoria.  

Silvia Varela monitora
Actividade física para previr o envellecemento
Mellora física e mental
Exercicios que exercitan o noso corpo pero tamén a nosa mente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará