Hoxe é Xoves 8 de Decembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide que os 800.000€ do Plan Concellos da Deputación se invistan en obras de saneamento

RR_Noticias

Redondela vai recibir para o presente ano 2019 máis de 800.000€ vía Plan Concellos da Deputación, correspondentes á denominada Liña 1, dedicada a investimentos. Mediante unha moción que se debaterá no pleno que se celebra este xoves ás 20:00 horas, o edil do  BNG demanda ao  goberno de Javier Bas, que esta partida se destine integramente para a ampliación da rede de saneamento.

Os nacionalistas consideran prioritario investir estes cartos na mellora e ampliación do saneamento “porque existe unha demanda veciñal principalmente nas parroquias, de que un servizo de primeira necesidade como o saneamento chegue a todos e cada un dos veciños e veciñas de Redondela”. Lembran ademais que a dinámica do goberno municipal supuxo reducir a mínimos históricos a inversión en saneamento que, segundo explican “chegou a cifras de ata un millón de euros anualmente cando o BNG estaba no goberno”.
Coa petición de investir as axudas do Plan Concellos nestas actuacións din “pretendemos poñerlle cordura, priorizando as inversións dos cartos que son de todos e todas e dar resposta ás demandas sociais para que toda a veciñanza goce dos mesmos dereitos fronte a actuación electoralistas e clientelares que caracterizan a este goberno”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará