Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela F.S., un club que non deixa de medrar

RR_Noticias

Con 130 xogadores repatidos en 13 equipos federados de diferentes categorías, o club non deixa de medrar. E o obxectivo da directiva e seguir nesta liña, incorporando tamén novos equipos femininos, logo de que esta temporada se estreasen co infantil.O equipo de máxima categoría, o masculino de Preferente, segue en liña ascendente e esta fin de semana xogará en Gondomar ante o Abetos.

Este mes celebraron unha gran festa con todos os equipos, un xeito de “recoñecer o traballo de todos os xogadores e técnicos”, como explica Fran Iglesias, membro da directiva. Amósase satisfeito coa gran base coa que conta a entidade,e confía en que poidan seguir medrando. Iglesias amósase especialmente orgulloso coa aposta polo fútbol sala feminino. Este ano conseguiron por primeira vez confeccionar un equipo integramente feminino na base, na categoría infantil, e agarda que nos próximos anos se poida facer tamén na categoría alevín. Deste xeito poden darlle “continuidade” ás nenasque comezan no club xogando nos equipos mixtos, e agradece a confianza que as rapazas depositan no club. Preferente Sur En canto ao equipo de máxima categoría, o masculino de Preferente, veñen de comezar a segunda volta da liga. Están na metade da táboa, logo de gañar a pasada fin de semana ao Manzaneda. Son 9º logo de 16 xornadas, e desde o club confían en que nesta segunda parte da competición mellorarán os seus números, como vén sendo habitual no equipo nos últimos anos. Por iso Iglesias marca como obxectivo rematar a temporada entre os cinco primeiros. A próxima xornada xogan en Gondomar na pista do Abetos, que suma 1 punto máis que os redondeláns. Un partido difícil pero ao que o equipo chega nun bo momento, polo que Iglesias aposta por acadar un resultado positivo que confirme este bo comezo de ano para o equipo. Xogarán o domingo no pavillón municipal de Gondomar.

Fran Iglesias membro da directiva
Amósase satisfeito coa gran base coa que conta a entidadee confía en que poidan seguir medrando.
Equipos femininos
Iglesias amósase especialmente orgulloso coa aposta polo fútbol sala feminino.
Preferente Sur
Confían en que nesta segunda parte da competición mellorarán os seus números e marcan como obxectivo rematar entre os cinco primeiros.
Abetos Gondomar-Redondela Maramar
Un partido difícil pero ao que o equipo chega nun bo momento polo que Iglesias aposta por acadar un resultado positivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará