Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recicla máis e mellor

RR_Noticias

Medio ambiente confirma un incremento dun 21% na reciclaxe de envases de plástico, un 30% máis de papel e cartón reciclado e un 4% máis na recollida de envases de vidro. Tamén se incrementou nun 10% a recollida de aceite doméstico. Uns datos que permiten ao concello de Redondela revalidar o premio á reciclaxe activa na Área metropolitana de Vigo.

As cifras de recollida selectiva obtidas no 2018 consolidan a tendencia á alza da reciclaxe na vila, que conta actualmente cun recoñecemento nesta materia concedido pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
No conxunto do pasado ano, a reciclaxe de envases de plástico, no contedor amarelo, incrementouse en máis de 43.000 kg, o que supón un 21% respecto do 2017.
A reciclaxe de papel e cartón tamén se incrementou, fíxoo un 30% segundo os datos da Concellería de Medio Ambiente. Os redondeláns, depositaron 76.000 kg máis destes materiais nos contedores azuis. Menor foi o incremento en canto aos envases de vidro, que con todo tamén experimentaron unha variación á alza de case un 4% nos últimos doce meses.
En canto á recollida de aceite doméstico, o aumento da recollida selectiva sitúase arredor do 10% desde que se implantou o novo sistema de recollida. Como novidade, cómpre destacar que agora os usuarios non teñen que baleirar o aceite no contedor, senón que depositan a botella de plástico pechada, un sistema máis limpo que evita os derrames. Con isto, o Concello de Redondela chegou xa á cifra de 7,9 kg de recollida de aceite en menos dun ano, un dato que nunca antes fora acadado na vila
Redondela consolídase con estes datos como un dos Concellos máis activos en materia de reciclaxe na contorna metropolitana.
Para seguir fomentando a recollida selectiva, dende o Concello vén de poñerse en marcha por terceiro ano consecutivo a campaña informativa nos centros escolares.
Trátase de charlas impartidas polo axente de Medio Ambiente do Concello que achegará aos máis pequenos información práctica para a recollida selectiva de residuos, entre outras temáticas. Este ano incorporouse como tema a concienciación sobre o uso sostible da auga como recurso esencial e esgotable e o coñecemento do rural.
Os contidos das charlas adaptáronse este ano aos cursos de educación primaria e infantil, dado o interese destes niveis na realización de charlas relacionadas coa compostaxe e a creación de hortas ecolóxicas nos propios centros escolares.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará