Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla de Carlos L. Bernárdez en torno á obra pictórica de Castelao na Casa da Cultura

RR_Noticias

“A faceta primeira de Castelao, antes de existir un Castelao político ou escritor, foi o Castelao plástico” segundo explica Carlos López Bernárdez, profesor de Lingua e Literatura Galegas, licenciado en historia do arte e encargado de impartir a charla que terá lugar este xoves ás 19:30 horas na Casa da cultura organizada dende o departamento de normalización lingüística. Abordarase a formación e expresión pictórica de Castelao, con especial atención ao cadro “Derradeira leición do mestre”, exposto no Gaiás.

Castelao era un artista coñecido e recoñecido tanto en Galicia como no resto do estado como debuxante, colaborando en diferentes revistas e xornais xa na década do 1910. De feito, segundo explica López Bernárdez “é presentado pola crítica como o creador da nova pintura galega” unha definición que da conta da importancia desta faceta na vida do político galego. Na charla deste xoves repasarase a traxectoria, estilo e desenvolvemento da obra pictórica de Castelao dende o punto de vista formal e temático. Prestarase tamén especial atención a unha das súas obras de gran formato que se que exhibe por primeira vez en Galicia A derradeira leición do mestre. Un óleo que foi pintado en Buenos Aires por Castelao en lembranza do seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936. Ata o de agora nunca tiña saído do Centro Galicia da capital arxentina. A mostra supón un recoñecemento a unha figura icónica como Castelao e ao papel que xogaron na construción do ensino público os mestres e mestras das tres primeiras décadas do século pasado (1900-1936).  

Carlos López Bernárdez profesor e ensaista
Castelao como artista plástico
Derradeira leición do mestre
Un cadro que se pode ver no Gaias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará