Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Acto sobre o ensino público coa coordinadora da Rede de Escolas da Unesco, Luísa Márquez

RR_Noticias

A ANPA do IES Mendiño organiza unha charla coloquio aberta a toda a cidadanía baixo o titulo “Polo dereito a un ensino público de calidade”. O acto terá lugar no Multiúsos da Xunqueira o venres 25 ás 19:00 horas e acompañarán a Luísa Márquez o presidente da ANPA, Anxo Lusquiños e a vicepresidenta María González.

Con esta charla a nova directiva da asociación retoma a actividade logo de máis de catro anos e coa mesma queren facer participe a toda a veciñanza da importancia e da necesidade de contar cunha ensinanza pública e de calidade.
Neste acto abordarase a realidade actual do ensino público tanto a nivel nacional como local e contará coa participación de Luísa Marquez, mestra do IES Luís Seoane de Pontevedra e coordinadora da Rede de Escolas da UNESCO en Galicia (PEA), un proxecto no que se xuntan mais de 8000 centros educativos, dende infantil a secundaria, repartidos por todos os continentes. Os seus obxectivos son educar para a paz e o dialogo intercultural, o desenvolvemento sostíbel e posta en practica dunha educación pública de calidade.
De todo disto debatérase na charla coloquio que terá lugar o  venres día 25 de xaneiro as 19 horas na aula do Multiúsos da Xunqueira e no que tamén intervirán: Anxo Lusquiños, Presidente da ANPA e María González como  Vicepresidenta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará