Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG acusa a Javier Bas de abrazar a causa da peaxe só por interese electoral

RR_Noticias

A campaña de recollida de sinaturas e anuncio de posibles mobilizacións contra a peaxe de Rande anunciada este venres polo alcalde de Redondela é para o BNG unha manobra do PP para tentar sacar rédito político a esta demanda veciñal. “Ao alcalde unicamente lle interesa marcar a axenda ata as municipais, desviando a atención ante a súa incapacidade para gobernar en Redondela. Pretende confundir á veciñanza, introducindo agora a reivindicación da Peaxe, cando foi unha demanda moi anterior á ampliación da AP-9 e que nunca considerou prioridade” asegura o voceiro do BNG, Xoán Carlos González.

A campaña que vén de presentar o alcalde de Redondela non vai ser seguida polo Bloque porque segundo o seu voceiro municipal “o alcalde só busca con esta campaña acabar coa iniciativa de colectivos e asociacións, para comandar estas mobilizacións das que durante anos se esqueceu”.
Reivindica González que o protagonismo nas mobilizacións debe seguir sendo do movemento social, con especial protagonismo da Asociación de Veciños da parroquia e avoga porque estas mobilización sexan “contundentes e aglutinadoras, defendendo a liña marcada dende as Asociacións de Chapela e Teis, con iniciativas como o pago con céntimos que amosan a súa forza e poder de convocatoria”.
Considera que estamos no momento de expresar con contundencia o rexeitamento á Peaxe, con xornadas de peches de comercios e mesmo convocatoria de folga xeral en todo o termo municipal. “Trátase do único camiño para rematar con este atraco a man armada perpetrado por Audasa, coa complicidade de Fomento” remata o edil.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará