Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela despide a Manuel González Soto

RR_Noticias

Xornada emotiva a vivida onte no pavillón de Chapela para despedir ao que fora presidente e alma do club Balonmán Chapela nas últimas décadas, Manuel González Soto, quen falecía o pasado venres aos 69 anos de idade. Xogadores, directiva, amigos e veciños responderon á chamada do club que pedía que se acudirá a este último acto de homenaxe vestidos coa equipaxe do equipo “para despedir a Soto coas cores que o acompañaron durante toda a súa vida”.

Unha emotiva homenaxe na que a familia estivo arroupada polas centos de persoas que se deron cita na instalación deportiva que leva o seu nome, logo de que así o decidirá o pleno municipal na sesión celebrada o pasado mes de novembro. Tomaron a palabra o párroco, o alcalde de Redondela, Javier Bas, Rubén Gómez e Sandra Loureiro en representación dos xogadores que ao longo deste anos pasaron polo club baixo a dirección de Soto, e o adestrador e amigo Fran Teixeira, quen tamén nesta emisora lembraba ao que foi o seu compañeiro de alegrías a penas ao fronte do club chapeleiro “dicir Balonmán Chapela era dicir Soto”. Un acto que rematou coa comitiva que dende o pavillón se dirixiu a Igrexa onde se celebrou o funeral.  

Fran Teixeira adestrador do Balonmán Chapela
Dicir Chapela era dicir Soto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará