Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco non pode cun Bergantiños en inferioridade

RR_Noticias

O equipo rdondelán non pasou do empate sen goles ante un Bergantiños que xogou cun home menos desde o minuto 41. Arcade e Vilar tamén empatan. Na Terceira do fútbol sala vitorias de Campito e Pazos. No balonmán o equipo feminino da SAR gañou ao Magope e o masculino empatou co Carballal.

 
Terceira División
Choco 0-0 Bergantiños
O Choco sumou onte un punto en Santa Mariña ante o Bergantiños nun partido no que faltou o xogo ofensivo propio do combinado de “Gonza”. O rival demostrou unha sólida defensa malia xogar en inferioridade numérica dende o tramo final da primeira metade. A expulsión de Diego Fernández chegou no minuto 41 logo dunha primeira parte sen tiros a porta. O xogo estivo no centro do campo e o Choco non foi quen de desplegar o seu estilo combinativo, non contou con ocasións para chegar con claridade á meta do Bergantiños. No segundo tempo o Choco tentaba profundizar máis, pero seguiron sen ter opcións. Foi o Bergantiños o que tivo dúas ocasiones por medio de Rivera e Cano, malia que sen acerto. Coa entrada de Cora o Choco gozou de máis profundidade e conseguiron pechar ao Bergantiños. Yago Vázquez tivo unha clara ocasión para desfacer o empate, pero o disparo sacouno Cristopher, e o partido rematou co 0-0 inicial. Co reparto de puntos o Choco queda no posto 11º da táboa. O domingo xogará no campo do Arenteiro, dous posos por baixo dos redondeláns.
Choco: Cortegoso, Lazcano (Yago Vázquez, min. 56), Cañedo, Samu Santos, Xián, Carlos Rodríguez “Caloi”, Comis, Gabri Misa, Nacho Fariña (Cora, min. 63), Vilas, Gabri.
Bergantiños: Cristopher, Facal, Marcos Caridad, Marcos Rodríguez, Rama, Martín Golpe, Cano (Cañizares, min. 83), Baleato, Jorge Saez (Míguez, min. 87), Diego Fernández, Rubén Rivera.
Primeira Autonómica

Arcade 0-0 Campolameiro
Igualada no Salgueirón nun encontro no que cada equipo dominou unha parte. Na primeira estivo mellor o Arcade, que xontroilou o xogo pero sen materializar as súas ocasións. Na segunda foi mellor o Campolameiro, que tivo dous tiros ao pau. O Arcade é agra 3º do grupo, e na próxima xornada visita o campo do Dena (11º).
Segunda Autonómica

Atl.Vilar 1-1 Louro Tameiga.
Os de Mon Sanromán son 10º logo do empate ante o Louro. Na próxima xornada visitan o campo do Goián (7º)
San Adrián 2-1 Cesantes
Guille adiantou aos de Cobres desde o punto de penalti, ao bordo do descanso. Juanjo empatou para o Cesantes, xa na segunda metade. Spunky puxo o segundo para os locais. O Cesantes tivo un tiro para empatar o encontro, pero foi ao pau. Os redondeláns están na 12ª posición do grupo. O domingo reciben á Lama, equipo forte que está na 4ª praza.
Tercira Autonómica

Club Peñasco 0-1 Chapela
O Chapela é 4º logo do triunfo ante o Peñasco, e o domingo recibirá ao Moledo, cos vigueses na parte baixa da táboa.
Descanso Sampaio 6-2 Nespereira
O Nespereira segue no pozo da clasificación logo de perder goleado co D.Sampaio. Na próxima xornada reciben ao A.Alcabre, que é 6º.
San Andrés 0-2 Soutomaior
O Soutomaior mantén o 2º posto da táboa logo de impoñerse no campo do San Andrés, que se afunde na parte baixa da táboa. O domingo recibirán ao Figueirido, que é 5º.
Fútbol Sala Terceira División

Campito 3-2 Concello de Begonte
O Campito suma dous puntos importantes cos que empata co Concello de Begonte, malia que segue en postos de descenso. Na próxima xornada reciben ao Valdesuso Peugeot Vilalba, situado na metade da táboa.
Ribeira 5-8 Pazos
Os de Fran Amoedo recuperan o liderado do grupo logo do triunfo ante o Ribeira, ao aproveitar o empate do Gonnaba Parrulo B. Na próxima xornada volven xogar fóra, ante o C. Polideportivo Casás, de postos de descenso.
Preferente Sur

Verín Sala 4-3 Redondela
O Redondela plantou cara, pero non puido cun dos dos equipos máis fortes do grupo. Na próxima fin de semana reciben na casa ao Sporting Manzaneda.
Balonmán División de Honra Prata Feminina

Sar Rodavigo 31-18 Magope Seis do Nadal
A SAR Rodavigo anotou unha contundente vitoria no Pavillón Municipal da Marisma ante o Magope Seis do Nadal. Na próxima xornada dispútanse o Zonzamas-SAR e o Xixón-Chapela.
Cíes Obra Civil Chapela-Palencia (Aprazado)
Balonmán Primeira Nacional Masculina
Teucro- Rodosa Chapela (Aprazado)
Na próxima xornada disputan o Chapela-C.Ourense
Primeira Autonómica

SAR PlasticOmnium 22-22 Carballal
Os de Diego Lorenzo conseguiron escalan ao 3º posto, logo dun importante empate ante o Granitos Ibéricos Carballal, que é 2º na liga. A próxima fin de semana reciben ao Lavadores, pechacancelas do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará