Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para visitar a exposición do fotógrafo Mundo Cal

RR_Noticias

A exposición “Mirar. 40 anos de fotografía” amplía o prazo de visita ata o vindeiro 6 de xaneiro. Os veciños contarán así cuns días máis para achegarse a unha mostra que recolle máis de 400 imaxes do redondelán Mundo Cal e que está a ser todo un éxito de público. Imaxes dunha Redondela que xa non existe pero tamén doutros lugares do planeta conforman esta exposición organizada pola Sociedade Cooperativa Cal3 co gallo da xubilación do fotógrafo redondelán.

A mostra pretende ser una homenaxe a toda unha vida de traballo vencellado á fotografía e presenta ademais unha vertente solidaria, xa que os fondos recadados coa venda das fotografías destinaranse a varios proxectos de axuda humanitaria.
“MIRAR. 40 anos de fotografía” é o título da exposición que recolle máis de 400 imaxes do redondelán Raimundo Cal. Toda unha vida dedicado a un oficio no que sempre transmitiu, cunha ollada crítica, a realidade  da súa contorna máis próxima en infinidade de situacións. Pero tamén outras realidades máis afastadas, as a que a súa cámara captou nas viaxes a Latinoamérica, Marrocos, Sáhara e moitos lugares da xeografía peninsular.
A súa preocupación pola cultura e o ben común pálpase xa nas súas primeiras imaxes dos anos 70, retratando conflitos sociais e laborais como o de Telanosa, a revolución en Nicaragua nos 80, ou reflectindo o proceso de destrución da paisaxe mariñeira que tiña a vila de Redondela. Ademais das fotografías expostas en diferentes formatos, o visitantes pode ver outras 800 imaxes que se proxectan na sala de xeito ininterrompido.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará