Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cruce de acusacións entre goberno e oposición de Pazos pola perda de 276.000€ en subvencións

RR_Noticias

O goberno local do popular Andrés Iglesias acusa a oposición de impedir que saísen adiante dúas actuacións no municipio financiadas con cargo da Deputación por valor de 276.000 euros. Pola contra o voceiro de Alternativa veciñal, Luciano Otero asegura que unha das obras nas que se pretendía gastar 169.000 euros era ilegal “xa que o torreiro figura no catastro como propiedade da Igrexa e o Plan Concellos non subvenciona inversións en propiedades que non sexan de titularidade municipal”. Esixen aos populares que convoquen os plenos con tempo e que negocien coa oposición.

Pazos de Borbén vén de perder dúas importantes subvencións do Plan Concellos valoradas en máis 250.000 euros. Mentres o PP acusa a oposición de ser os causantes da situación por non apoiar as actuación propostas polo goberno local e que estaban dirixidas a mellorar a seguridade viaria e humanizar o Torreiro de Moscoso, Alternativa Veciñal responsabilizar ao goberno da perda económica.
Asegura o voceiro desta agrupación, Luciano Otero que o goberno de Andrés Iglesias pretendía aprobar ao límite do prazo dúas grandes obras: un paseo que rodea a zona do concello e o colexio, e unha reforma do torreiro de Moscoso. Proxectos que presentaron aos grupos da oposición 48 horas antes do pleno cando a subvención está convocada dende hai nove meses.
A oposición sinalou o proxecto do Torreiro de Moscoso como unha ilegalidade. “Tanto no Catastro como no Rexistro da Propiedade figura a Igrexa, e non o Concello como aseguraba o goberno local, como dona dos terreos onde se pretendía gastar más de 169.000 euros”.
Como apuntaron AV e PSOE, o Plan Concellos non subvenciona inversións en propiedades que non sexan de titularidade municipal. De feito, a Deputación xa advertira por escrito ao Concello que o proxecto non cumpría este requisito e, polo tanto, ía ser rexeitado. Diante disto dende a oposición esixiron que se retirase a proposta da orde do día. O PP negouse e finalmente a Corporación municipal rexeitou as obras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará