Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós prosegue coas súas Conversas co autor do libro “1968, o ano que cambiou o mundo”

RR_Noticias

Un libro de poesía de Vitor Vaqueiro que será presentado nunha charla coloquio este venres ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Redondela. Intervirán o propio autor con presentación a cargo de Nacho Lueiro de Alén Nós.

Xosé María Álvarez Cáccamo é o encargado de prologar o texto no que recolle que con este libro “Vitor Vaqueiro consolida o rumo da sua nova andaina com 1968, cimo da sua escrita poética e um dos mais atrativos e relevantes livros de poesia editados no que levamos andado do século XXI. O equilíbrio entre os registros épicos e líricos, a alternância do verso e prosa, a construção alegórica, o humor irónico, o recurso a procedimentos de glosa e digressão, o desenho de âmbitos de perfil expressionista e crítico, são as marcas de estilo e cosmovisão que singularizam este livro”.
Un texto que se remonta a data crucial de 1968, ano no que se darían unha serie de feitos transcendentais e de alcance universal como a guerra do Vietnam, a primavera de praga, os asasinatos de Martin Luther King e Ernesto Che Guevara, a revolta estudiantil de París… feitos paralelos ou próximos no tempo á data elixida por Vitor Vaqueiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará