Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior acolle unha exposición de moda con pezas de finais do século XIX

RR_Noticias

A Deputación de Pontevedra inaugura o vindeiro 20 de decembro unha exposición sobre a moda da época de María Vinyals. Baixo o título “A moda en detalles: indumentaria e complementos (1870-1925)” presenta boa parte “da colección dos fondos do Museo de Pontevedra centrada na moda feminina de finais do século XIX e principios do XX”

O Castelo de Soutomaior acollerá a partir do día 20 de decembro unha novidosa exposición con pezas do Museo de Pontevedra relacionadas coa moda da época na que María Vinyals viviu. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou que o obxectivo desta mostra “é dinamizar, máis se cabe, o Castelo de Soutomaior con actividades paralelas que complementen a musealización”. Deste xeito a exposición dará a coñecer como vestían as mulleres coetáneas a Vinyals, os seus gustos, como accedían á moda ou como eran as diferentes tendencias nas que o gusto pola diversidade foi predominante, ademais dun símbolo de modernidade para moitas mulleres. Amosaranse pezas que pertenceron ás irmás Domerq, á familia García Solís ou ás irmás Mendoza, que aportaron unha grande cantidade de fondos ao Museo de Pontevedra. En concreto, “A moda en detalles” recolle 200 pezas de bordados, abalorios, calzado, cosmética, xoiería, publicacións, complementos e pezas únicas na moda feminina de finais do século XIX e comezos do XX, moitas delas inspiradas na moda de París ou con tecidos procedentes dos mellores almacéns de Londres. “Veremos cores, complementos, tecidos que tamén se reproducen en obras de pintores como Joaquín Sorolla, gran amigo de María Vinyals á que retratou nun cadro a comezos do século XX que hoxe permanece en paradoiro descoñecido”, destacou Carmela Silva. A exposición “A moda en detalles: indumentaria e complementos (1870-1925)”, na que tamén colabora o Museu Virtual de la Tarjeta Postal de Catalunya, poderá visitarse na Sala de Tapices do Castelo de Soutomaior desde o xoves 20 de decembro ata o 18 de febreiro. A presidenta da Deputación animou “a todas as persoas a achegarse ata o castelo a partir do 20 de decembro e completar a mostra coa visita á sala María Vinyals, na que se da conta da súa apaixoante vida vinculada ao Castelo de Soutomaior desde 1875 ata 1917”.  

Carmela Silva Presidenta Deputación
Unha exposición que busca incrementar o número de visitantes
Moda do século XIX
Prendas que vestían as coetáneas de Vinyals
Complementos
Roupa e outros elementos complementarios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará