Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno de Redondela denuncia un “boicot” da Deputación coa paralización de proxectos

RR_Noticias

A tenente de alcalde, Carmen Amoedo, lamenta que o ente provincial “nin fai nin deixa facer”, en relación ao Plan Concellos 2018. O executivo de Bas denuncia que aínda non se resolveron as obras solicitadas “dende hai mais de 5 meses”. Advirten que están paralizados traballos de importancia para a cidadanía como melloras de camiños en varias parroquias, asfaltados e obras de saneamento.

Amoedo explica que o Concello non pode inicar os procedementos de contratación ata recibir as resolucións da Deputación “polo que a este ritmo as obras se demorarán meses”. A edil de Urbanismo lamenta que, mentres outros munipios están a executar as obras, Redondela “segua a esperar”. Sinala que non hai ningún requerimento pendente, e que non o ente provincial non resolve “porque non lle interesa”. Explica que a maioría dos proxectos foron enviados en marzo e abril, polo que entende que houbo tempo “máis que suficiente para revisalos” . Denuncia que nin sequera se resolveron os suministros “que son simples compras” sen proxecto que revisar, como pode ser o caucho para os campos de fútbol ou as canastas para a pista de baloncesto da alameda redondelá. Dende o grupo popular afirman que se trata dunha “traizón” aos redondeláns dende o PSOE, á que engaden o caso do cartón PassVigo “posicionándose con Abel Caballero” ou a peaxe de Rande. Dende o Concello veñen de informar á cidadanía cun anuncio, xa que a demora nos proxectos é algo “alleo á xestión municipal”. Algunhas das cuestións pendentes son obras de saneamento nas rúas Patrimonio, Mouriño, Paparoxa e Rabexa en Chapela, o acondicionamento dos camiños San Pote e Arango en Cedeira, o asfaltado en Cabritas e Saramagos, ou a adquisición de megafonía para os pavillóns municipais, entre outras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará