Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Redondela 0,0” a nova campaña de concienciación

RR_Noticias

O Concello de Redondela vén de poñer en marcha unha nova campaña de concienciación dirixida á mocidade con mensaxes que os anima a gozar das festas con hábitos saudables. Cunha estética desenfadada e xuvenil apostar por eliminar alcol e drogas, conductas machistas, agresións e vandalismo.

A campaña ten unha mensaxe moi directa que procura chamar a atención dos máis novos “dun xeito eficaz”. Para isto o Concello optou por unha liña creativa “rechamante” que incita a divertirse “sen agresións, sen pelexas, sen alcol e sen drogas; respectando a contorna e a cidade”. A campaña está formada por oito imaxes orixinais con oito mensaxes diferentes. En cada un deles, cun ton desenfadado, pode lerse o texto cunha linguaxe xuvenil, ademais dunha estética “viral”. O obxectivo principal é conectar co colectivo máis novo “para erradicar todas aquelas condutas que prexudican gravemente a Redondela, á contorna e aos habitantes”. Desde o botellón, ata os ouriños na rúa, as conductas machistas ou o alcol ao volante, son algunhas das mensaxes que se lanzan a poucos días da celebración do Entroido de Verán 2018, o próximo día 18. O Concello porá en marcha a campaña durante estas festas, e manterse vixente durante todo o ano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará