Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xoán Carlos González: “Redondela ten potencialidades que están sen desenvolver”

RR_Noticias

O voceiro do BNG na corporación redondelá encabezará a candidatura do Bloque nas eleccións municipais do próximo ano. Asume a decisión da Asemblea local “con responsabilidade” pero tamén con optimismo. Advirte que non se dará un escenario con maioría absoluta para ningún partido, polo que será preciso o diálogo e os acordos entre diferentes forzas.

A proposta de Xoán Carlos González como cabeza de cartel do BNG para as próximas eleccións locais contou co apoio unánime da Asemblea Local. Na valoración feita dende a Asemblea, tívose en conta “a traxectoria, a liña de traballo e o compromiso político” do actual voceiro nacionalista na corporación local. Para o candidato a decisión supón “unha grande responsabilidade e tamén un reto”. Sinala que nos próximos meses o seu papel como concelleiro seguirá a ser o mesmo, o de “defender as demandas da veciñanza que non están a ser cubertas polo goberno local”. González considera que o goberno en minoría de Javier Bas, malia ser democrático, non é o quere a cidadanía, e acúasao de ser “nocivo para a veciñanza”, xa que a sociedade “perdeu espazos de expresión” e os servizos sociais “deterioráronse”. Afirma que “as fórmulas para pretender controlar ao goberno do PP dende a oposición fracasaron”. Salienta o voceiro nacionalista diversos contactos con colectivos e particulares que poñen enriba da mesa a necesidade dun cambio en Redondela . Asegura que o municipio “ten potencialidades que están sen desenvolver”. Para o candidato do BNG é preciso “un investimento social fuxindo da propaganda e os personalismos, que nas parroquias disfruten das mesmas infraestructuras e un diálogo permanente con entidades e institucións, dando prioridade ás políticas socias”. González advirte que as próximas eleccións municipais van deixar un panorama sen maiorías absolutas, polo que será imprescindible “o diálogo entre distintas forzas para chegar a acordos”, un escenario no que augura ao BNG un papel fundamental.  

Xoán Carlos González candidato do BNG
O voceiro municipal asume decisión da asemblea como unha gran responsabilidade e un reto.
Goberno en minoría
Asegura que o executivo en minoría de Javier Bas non é o quere a cidadanía.
Diálogo e acordos entre forzas
Augura que o futuro da política local pasa polo diálogo entre diferentes forzas co obxectivo de chegar a acordos positivos para a cidadanía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará