Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O 3 de agosto cita cos espectáculos de rúa e as compras en Redondela

RR_Noticias

Fusión de circo, malabares, maxia e música con descontos de até o 70% nos comercios locais, desfiles de moda itinerantes co avance da nova tempada, food trucks, degustacións, agasallos e sorteos. Esta é a proposta que nos fan a Shopping Night e o Festival Internacional de Artistas de Rúa que un ano máis se unen para encher as rúas do casco urbano de Redondela de oferta cultural e de ocio o venres 3 de agosto. Este ano facendo especial fincapé na zona de Vilavella na que tamén haberá tres actuacións.

Oito espectáculos distribuídos polas prazas de Redondela serán os protagonistas do Festival Internacional de Artistas de Rúa que cumpre catorce anos. Localizacións como a Praza da Constitución, a Casa da Torre, a praza de Lenda ademais da Praza de Ponteareas e o Parque de Fenosa serán o escenario de espectáculos de música, maxia, malabares, teatro e moito humor. O cómico “Aviador EZ” presentará o seu espectáculo itinerante ás 20.00 e 19.00 horas. O humor tamén é a esencia do espectáculo “Ohlimpiadas!” que o grupo Desincronacidas porá en escena na Praza da Casa da Torre ás 23.00 horas. Gargalladas tamén promete a agrupación “A Vida Tola” que estarán na Praza de Ponteareas ás 21.45 horas. Preto deste lugar, no recén inaugurado Parque de Fenosa está “Lila Star” ás 22.30 con malabares e clown. O teatro e a maxia virá da man de “Don Gelati” na Praza da Constitución ás 19.30 horas. Os malabares serán os protagonistas da Praza de Lenda ás 21.00 horas con “Trasno” e tamén música e pintura ao vivo con Nelson Quinteiro ás 21.15 horas. Propostas variadas, de pequeno formato e para todos os públicos que segundo a concelleira de Cultura, Teresa París, queren levar a oferta cultura a todas as rúas de Redondela. Un festival que se fusionará coa Shopping Night, nesta edición con temática tropical, e na que participan 45 establecementos, nos que atoparemos descontos de até o 70% e entre o 10 e o o 30% na nova tempada. Precisamente unha das novidades desta noite de compras serán os desfiles itinerantes. Modelos que presentarán na rúas as novidades no vestir que nos deixará a próxima campaña e que xa poderemos mercar con descontos. Até á medianoite estarán abertas as portas dos establecementos comerciais que tamén ofrecerán degustacións, agasallos e sorteos. Este ano súmanse os hostaleiros con food truck nas rúas e postos de comida. O presidente da Asociación de Empresarios, Enrique Lago, destacaba a importancia deste tipo de iniciativas, que organizan en colaboración co Concello de Redondela e Abanca, para visibilizar e dinamizar o comercio local.

Concelleira Cultura Teresa Paris
Proposas de pequeno formato para todos os públicos e diversificando o emprazamento
Presidente Asociación Empresarios Enrique Lago
Lago destaca la relevancia destas iniciativas para dinamizar las ventas del comercio local
Técnica AER Julia Alonso
Shopping Night con descontos até o 70% con agasallos sorteos e degustacións
Desfile moda
Como novidade haberá un desfile de moda coas proposas da próxima tempada que tamén terán descontos de até o 30%

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará