Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Illa de San Simón prepárase para unha nova edición do SinSal

RR_Noticias

Regresa a San Simón un dos festivais máis singulares do panorama musical no que o espectador descoñece o cartel. Unha particularidade que non impide que se esgoten as entradas. De feito, tan só restan algunhas localidades para o xoves 26. En total 3000 persoas, 800 por día, son as que pasarán por un festival que contará con 28 concertos en catro escenarios e 22 artistas procedentes de Australia, Guinea Ecuatorial, Cuba, reino Unido, Rumanía, eslovenia,Portugal ou Estados Unidos entre outros, así como 7 formacións galegas.

Catro días de música nun espazo no que haberá tamén outras actividades como obradoiros de arquitectura ou Kayak e que nesta edición aposta de xeito especial pola diversidade e a sostenibilidade. En relación co medio ambiente o festival está comprometido cunha serie de accións e medidas como a eliminación de plásticos, a redución drástica de impresión en papel ou eliminado programas impresos, o vaso único reutilizable e o estudo sobre a pegada ecolóxica que deixa o festival.
Na presentación do certame a presidenta de Deputación, Carmela Silva destacou a paraxe na que se desenvolve o festival, nas Illas de San Simón e San Antón, “marabillosas, cunha beleza que non ten palabras para describila e cunha historia única, moitas veces terrible”. Ao respecto, Silva destacou que “non podemos esquecer ese pasado para que non se repita e, para acadalo, nada mellor que rachar coa terrible historia pasada que construír presente e futuro enchendo esas illas de cultura como a través do SinSal”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará