Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maridaxe de marisco e habaneras en Chapela

RR_Noticias

O paseo marítimo acolle este domingo a celebración da Festa da Navalla, que no súa terceira edición se consolida como cita gastronómica do verán redondelán. Á prancha, á mariñeira ou en empanada de millo ou trigo poderemos degustar o molusco a partir das 12.00 horas e até as dez da noite. Unha cita que se pechará co VIII Festival de Corais de habaneiras e música mariñeira que contará coa participación de tres agrupacións.

Música e gastronomía compoñen a maridaxe desta fin de semana en Chapela. O Centro Cultural e Recreativo da parroquia organiza a terceira edición da Festa da Navalla, que cada ano atrae a máis público e que quere ser un punto de atracción turística para Chapela. Dende as doce do mediodía e até a noite poderase degustar este molusco en distintas preparacións . Non faltará a música coa agrupación de pandereteiras “Anaquiños” , o Grupo de Gaitas de Vilar e a agrupación do propio centro, “Tarabelo”. Música tradicional galega que será a encargada de pórlle son a esta cita gastronómica que terá como colofón a oitava edición do Festival de Corais de habaneiras e música mariñeira no que participarán a Coral Polifónica de Baredo, Noia e “Frol Nova”. O sábado organizan unha actuación, como peche de curso, dos grupos de pandeiretas e acordeón do propio Centro Cultural,  a partir das 20.00 hora, e a actuación da Banda de Música de Redondela.  

Presidente Emilio Sánchez
Sánchez fálanos desta cita gatronómica que xa é un referente en Redondela
Actividades sábado
O sábado é a quenda das agrupacións do Círculo. A partir das 20.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará